Camión lavándose

Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos

CONVOCATORIA: MR406B – Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos. Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia)

CONCESIÓN: será por concorrencia competitiva.

OBXECTO:

  • Investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, en réxime de concorrencia competitiva.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: finalizará o 19 de xullo de 2024.

PRAZO MÁXIMO DE RESOLUCIÓN: catro meses desde o prazo de finalización de presentación de solicitudes.

BENEFICIARIOS:

  • Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica:
  1. Titulares ou propietarias de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, incluídas as especies cinexéticas, autorizados e rexistrados polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se comprometan a melloralo.
  2. Ou que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:

  • Modernización ou mellora dos equipos e instalacións existentes para alcanzar unha maior eficiencia nos sistemas de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando vivo:
  1. Mellora da infraestrutura do peche exterior.
  2. Mellora da superficie de formigón ou asfalto do chan do recinto, con especial incidencia na superficie onde se realizan as tarefas de limpeza e desinfección, así como na superficie do acceso e a saída do vehículo.
  3. Mellora das infraestruturas da área onde se realizarán as operacións de limpeza e desinfección dos vehículos, separando claramente as operacións «sucias» e «limpas» e procurando un fluxo de materiais e servizos en liña recta.
  4. Mellora dos utensilios necesarios para varrer e raspar a cama e o esterco cando se realice unha primeira limpeza en seco dos vehículos.
  5. Mellora da área de almacenamento dos residuos orgánicos sólidos e do sistema de xestión dos residuos sólidos que se xeren durante a limpeza dos vehículos.
  6. Mellora da instalación de auga corrente e electricidade. Contemplarase como mellora de instalación eléctrica toda instalación situada dentro ou fóra do recinto que mellore a potencia dos equipos de limpeza e desinfección. É por iso que as canalizacións para o cambio de liña bifásica a trifásica traídas desde o exterior ao centro serán consideradas como mellora.
  7. Renovación ou mellora dos equipos de desinfección ou limpeza.
  8. Mellora de plataforma con desnivel suficiente que permita a recollida dos líquidos procedentes da limpeza e desinfección dos vehículos.
  9. Mellora da fosa de recollida de efluentes xerados nas operacións de limpeza e desinfección que imposibilite a súa difusión e garanta a súa adecuada eliminación.
  10. Renovación do sistema de precintado e selado de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo, unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.
  11. Construción ou mellora de almacéns para cama limpa.
  12. Mellora das infraestruturas reservadas para o material, ferramentas, maquinaria, vestiario do persoal e almacenamento de produtos químicos
  13. Instalación de novas liñas de desinfección ou limpeza.
  14. Adaptación do centro á disposición transitoria primeira do Real Decreto 638/2019, do 8 de novembro (adecuación dos accesos de entrada e saída do centro).
  15. Adquisición de contedores móbiles para retirada de estercos, augas residuais, vertidos etc.
  • Instalación, en centros xa existentes, de novas tecnoloxías para a limpeza e desinfección de vehículos para o transporte de gando vivo:
  1. Sistemas para a automatización das operacións de limpeza desinfección, por exemplo, a robotización.
  2. Instalación de novos sistemas para a limpeza e desinfección: como a instalación de equipos para o tratamento térmico que garantan a inactivación dos axentes patógenos.
  3. Instalación de sistemas para a verificación da limpeza e desinfección.
  4. Sistemas de lectura automática de matrículas, ou outros sistemas para facilitar a recollida de datos de vehículos que son sometidos a procesos de limpeza e desinfección.
  5. Desenvolvementos informáticos para dixitalizar a información relativa aos rexistros de actividades realizadas.
  6. Calquera outra mellora das capacidades dos centros de limpeza e desinfección que demostre que vai reducir os tempos de limpeza e desinfección, aforrar custos, aumentar a capacidade do centro mantendo a eficacia das operacións de limpeza e desinfección.
  7. Instalación dun sistema automático de precintado e selado de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo, unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.
  • Construción de novos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando vivo que cumpran os requisitos mínimos do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro.
  • Non se subvencionarán: custos elixibles as licenzas, as taxas, os impostos ou os tributos, a excepción do imposto sobre o valor engadido (IVE), ou imposto equivalente soportado, que será subvencionado sempre que non sexa posible a súa recuperación pola persoa beneficiaria.

CONTÍA DA AXUDA:

  • No caso de centros de limpeza e desinfección xa existentes, a contía da subvención concederase en función do investimento realizado, cun investimento máximo subvencionable de 100.000 € por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade da subvención será entre o 40 e o 70 % do investimento, en función do número de solicitudes presentadas e do orzamento dispoñible. A contía máxima da axuda por investimento será de 70.000 € por persoa beneficiaria.
  • En caso de nova construción de centros de limpeza e desinfección, a contía máxima do investimento subvencionable será como máximo de 200.000 € por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade da subvención será entre o 40 e o 70 % do investimento, en función do número de solicitudes presentadas e do orzamento dispoñible. A contía máxima da axuda por investimento será de 140.000 € por persoa beneficiaria.

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

Herramientas de Accesibilidad