grapes, fruits, vine-6575719.jpg

Axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia

PRECISAS REIMPLANTAR, RECONVERTER OU MELLORAR VIÑEDOS?

Con esta axuda podes, en 5 meses máximo, saber se tes dereito a subvencionar as túas viñas..

Podes confiar en nós para xestionar a solicitude e a súa xustificación.

CONVOCADAS AS AXUDAS NO DOG NÚMERO 62, DE 30 DE MARZO DE 2022 .

AXUDAS DE ATA O 50%

  • Prazo de solicitude: 31/3/2022 a 2/5/2022.
  • Convoca: Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia).
  • Beneficiarios: As persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.
  • Actividades subvencionables:
    • A reimplantación de viñas.
    • A reconversión varietal.
    • A mellora das técnicas de xestión de viñas.
  • Requisitos de superficie mínima: A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, polo menos, dunha hectárea (1 ha) para as solicitudes colectivas e 0,2 ha para as solicitudes individuais.
  • Tipos de axuda:
    • a) Compensación por perda de ingresos: 2.226 €/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas.
    • b) Custos de reestruturación e reconversión da viña: o 50 % do importe establecido como baremos estándar de custos unitarios indicados no anexo VI das bases reguladoras.
  • Actividades subvencionables:
    • Arrinque e retirada de cepas.
    • Preparación do terreo.
    • Desinfección do terreo.
    • Despedregado.
    • Nivelación do terreo.
    • Socalcos no terreo con noiros naturais.
    • Socalcos no terreo con muros de pedra.
    • Planta e plantación
    • Instalación de protectores contra coellos.
    • Instalación de espaller.
    • Instalación de estacada.
    • Instalación de emparrado.
    • Elevación individualizada.
    • Sobreenxertado.
    • Cambio de vaso a espallar ou a outro sistema de condución.
  • Resolución: máximo o 2/10/2022.

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

Herramientas de Accesibilidad