Prazo de solicitude: ata 19/09/2024
Convocatoria:
IN500A – Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais. Consellería de Economía e Industria, Axencia Galega da Industria Forestal.
Obxecto:
Investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
Modalidade:
Concorrencia competitiva.
Compatibilidade con outras axudas:
Serán compatibles con outras axudas que non teñan fondos da Unión Europea.
Beneficiarios:
Pemes do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais.
Investimentos subvencionables:
- Liña 1: xestión forestal activa.
- Procesadoras, taladoras e outros equipamentos de talla destinados á realización de tallas intermedias (clareos e claras), así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipos propiedade do solicitante.
- Maquinaria de rodas.
- Maquinaria de cadeas
- Mellora dos utensilios necesarios para varrer e raspar a cama e o esterco cando se realice unha primeira limpeza en seco dos vehículos.
- Liña 2: madeira e biomasa:
- Equipos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
- Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de madeira en rolo ou biomasa.
- Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 kW de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipos propiedade do solicitante.
- Procesadoras, taladoras e outros equipamentos de talla, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipos propiedade do solicitante.
- Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, astilladoras con capacidade de recollida, empacadoras, cosechadoras ou procesadoras de biomasa.
- Liña 3: castaña e resina:
- Maquinaria específica, equipos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte.
- Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/o clasificación.
- Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina.
- Liña 4: valor engadido na primeira transformación da madeira.
- Equipos portátiles para a clasificación estrutural da madeira por métodos non destrutivos, sempre que dispoñan de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispoñer, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación da marcado CE para madeira estrutura
- Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos. No caso de métodos indirectos, deberá dispoñerse de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispoñer, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación da marcado CE para madeira estrutural.
- Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos aserrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X e outros tipos. O emprego desta instalación deberá xustificar a obtención dunha clasificación da madeira cun maior valor engadido.
- Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrada, e que permitan abrir novas liñas de negocio á empresa
- Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira
- Liña 5: plans e ferramentas de xestión empresarial:
- Implantación e, no seu caso, certificación, da cadea de custodia de madeira certificada, e/o normativas de calidade ou garantía, marcado CE e plans de mellora de xestión empresarial.
- Implantación e certificación, se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.
Contía da axuda:
- Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 40 % dos gastos elixibles.
- Cada persoa solicitante só poderá presentar unha solicitude de axuda e dita solicitude só poderá dirixirse a unha única liña de axudas. A axuda máxima limitarase por solicitante aos 200.000 euros para as liñas 1 e 4; 50.000 euros para a liña 5, e 150.000 euros para as liñas 2 e 3.