Dende 01/05/2025 ata 30/05/2025
🏛 Organismo convocante
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
🧾 Código do procedemento
TR880A
📊 Concorrencia competitiva
Non, a concesión das axudas realizarase por orde de entrada.
🎯 Obxecto da axuda
Apoiar ás persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas (incluídas cooperativas e sociedades laborais) que iniciaron a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023.
👥 Beneficiarios
- Persoas traballadoras autónomas
- Pequenas e medianas empresas
- Cooperativas
- Sociedades laborais
- Que teñan presentadas contas no rexistro correspondente.
🧩 Proxectos e actividades subvencionables
- Todo tipo de actividades.
- Os gastos deben ser realizados entre o 1 de xullo de 2024 e a data de solicitude.
💶 Custos/investimentos subvencionables
- Equipos informáticos
- Activos intanxibles
- Eficiencia enerxética
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario (tamén de segunda man, con limitacións)
- Reforma das instalacións
- Gastos notariais
- Alugamento de inmobles
💰 Contía da axuda/Intensidade
- Variará dependendo do investimento:
- 55% para investimentos entre 5.000 € e 20.000 €
- 50% entre 20.001 € e 30.000 €
- 45% entre 30.001 € e 60.000
🤝 Compatibilidade
Compatible con outras axudas, a excepción de CO300C (impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal).
🗓 Prazos
- Solicitude: dende 21/05/2025 a 30/06/2025.
- Resolución: máximo 3 meses desde a solicitude.
📉 Réxime de minimis
Si, aplícase o réxime de minimis.
Límite de axuda: máx. 300.000 € (50.000 € e para produción primaria) en 3 anos por beneficiario.
