incorporacion-plans-mellora-pequena-explotacion

Axudas de incorporación, plans de mellora e pequena explotación

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

  • Prazo de solicitude: 29/01/2020 a 18/06/2020. CONSÚLTANOS SOBRE A PRÓXIMA CONVOCATORIA.
  • Convoca: Consellería do Medio Rural.
  • Bases e convocatoria: ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA

  • Axuda de 20.000€, pero incrementables ata 70.000 €.
  • Ter de 18 a 40 anos e que a explotación conte cunhas dimensión físicas mínimas (número de animais, hectáreas, etc.).
  • Presentar un plan empresarial co que se demostre a viabilidade económica, así como cumprir coa condición de agricultor profesional.

PLAN DE MELLORA, COMPRA DE INVESTIMENTOS PARA A EXPLOTACIÓN

  • Axuda do 30-50% do custo elixible.
  • Investimento mínimo de 5.000 € e investimento máximo de 120.000 €/UTA (e 500.000 €/beneficiario).
  • Explotación inscrita no REAGA, como mínimo dende hai 1 ano, e que conte cunhas dimensións físicas mínimas.
  • Ser agricultor activo e que a explotación conte con 1 UTA (Unidade de Traballo Agrario).
  • Contar cunha RUT (Renda Unitaria de Traballo) maior ou igual ao 35% da RAR (Renda Agraria de Referencia).

MELLORA PARA PEQUENA EXPLOTACIÓN

  • Axuda de 15.000 € pola execución dun plan empresarial que supoña algunha mellora na explotación.
  • Explotación inscrita no REAGA, como mínimo dende hai 1 ano, e que conte cunhas dimensións físicas máximas.
  • Residir na comarca da explotación ou limítrofe.
  • Presentar un plan empresarial co que se demostre a viabilidade da iniciativa e contar cunha RUT (Renda Unitaria de Traballo) comprendida entre o 15-35% da RAR (Renda Agraria de Referencia).