Axudas para a instalación de valados fixos para prevención dos danos ocasionados polo lobo (MT809F)

  • Modalidade de concesión: será por concorrencia non competitiva.
  • Obxecto: Establecer unha liña de axuda a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, incentivando a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie.
  • Prazo de presentación: finalizará ás 23:59 horas de 23 de xaneiro de 2025.
  • Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de tipo gando bovino, ovino, caprino, porcino raza Celta e equino no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (REGA).
  • Contía:
    • A. Valados fixos de cable ou malla electrificada: O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal, ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído (máximo 500 metros).   Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 15 a 30 reses de gando menor ou de entre 5 e 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número de ditas reses.
    • B. Valados fixos constituidos por unha malla gandeira ou cinexética metálica: O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal, ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído (máximo 1.000 metros). Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de ganado menor ou entre 10 e 20 reses de gando maior, e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

Herramientas de Accesibilidad