- Modalidade de concesión: será por concorrencia non competitiva.
- Obxecto: liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2025.
- Prazo de presentación: ata o 10 de xaneiro de 2025.
LIÑA DO LOBO
- Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de gando bovino, ovino, caprino, porcino raza Celta e equino que figuren no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia (REGA).
- Elementos subvencionables e importes:
- A. Adquisición de cans para protección e defensa do gando (adquisición e gastos de mantemento).
- Adquisición cans + gastos: máximo 300 €/can.
- Gastos mantemento: máximo 200 €/can
- B. Pastores eléctricos e ou de cercas móbiles de malla electrificada adquiridos despois da publicación da orde (máximo 3 pastores por explotación).
- Máximo 600 €/explotación.
- Pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica: máximo 150 €/pastor.
- C. Cercas móbiles de malla electrificada (máximo 8 mallas por explotación).
- 100 € por malla de 50 metros.
- A. Adquisición de cans para protección e defensa do gando (adquisición e gastos de mantemento).
LIÑA DO XABARIL
- Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REGA) e explotación agrarias destinadas a autoconsumo.
- Elementos subvencionables e importes:
- A. Pastores eléctricos alimentados por batería ou conectados á rede eléctrica: máximo 150 €/pastor.
- B. Pastores eléctricos cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico: máximo 300 €/pastor.
- Como máximo subvencionaranse 3 pastores por explotación ou ata 600 € por explotación.
LIÑA DO OSO
- Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotación apícolas asentadas en concellos zona oseira e área de influencia.
- Elementos subvencionables e importes:
- A. Pastores eléctricos adquiridos despois da publicación da orde (máximo 3 pastores eléctricos/explotación)
- Máximo 600 €/explotación.
- Pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica: máximo 150 €/pastor.
- Pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico: máximo 300 €/pastor.
- A. Pastores eléctricos adquiridos despois da publicación da orde (máximo 3 pastores eléctricos/explotación)
