Axudas para investimentos en xestión de estercos, invernadoiros, enerxía, agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0

Axuda da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Podes confiar en nós para xestionar a solicitude e a súa xustificación.

CONVOCADAS AS AXUDAS NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA NÚMERO 84, DE 2 DE MAIO DE 2022 .

En concorrencia competitiva

  • Prazo de solicitude: 03/05/2022 – 04/07/2022
  • Convoca: Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia).
  • Beneficiarios: Titulares dunha explotación agrícola ou gandeira.
  • Criterios de valoración: IMPORTANTE presentar conxuntamente, colectivamente ou titularidade compartida

Investimentos no sistemas de xestión de estercos en gandaría en Galicia

Gastos subvencionables:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

Actuacións subvencionables:

a) Actuación 1-Mellora da eficiencia ambiental das instalacións de almacenamento exterior das dexeccións gandeiras: adaptación ou cubrición das balsas/depósitos exteriores de estercos novos ou existentes con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, que reduzan as emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes.

b) Actuación 2-Mellora da xestión e aproveitamento dos estercos: tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras que non comporten un aumento de emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes.

Investimento mínimo: 10.000 €

Porcentaxe máxima de axuda: 50%

Importe máximo de axuda: entre 100.000, e 900.000 €

Período de execución: 18 meses

Duración mínima dos investimentos: 10 anos

Compatible con outras axudas: si

Minimis: non

Transformación integral e modernización de invernadoiros

Gastos subvencionables:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

Actuacións subvencionables:

a) Actuación 1-Transformación integral: demolición dun invernadoiro preexistente e a súa substitución por outro invernadoiro que cumpra as características mínimas e a realización dunha ou varias dos investimentos elixibles.

b) Actuación 2-Modernización: investimentos elixibles, nun invernadoiro preexistente, debendo reunir o invernadoiro resultante polo menos as características mínimas.

Concretamente, os investimentos:

Para os produtores de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental:

a) Instalación dun sistema de dobre porta.

b) Instalación dun sistema de dobre teito.

c) A implantación dun sistema automatizado de ventilación cenital en todos os módulos e lateral en todo o perímetro.

d) A instalación de pantallas térmicas/de asombrado que funcionen de maneira automática segundo a temperatura e a radiación.

e) A instalación de sistemas de humidificación automática.

f) A instalación de nebulizadores.

g) A instalación de destratificadores.

h) A instalación de iluminación.

i) Instalación de sistemas de fertilización carbónica (sistemas de recuperación de gases en inxección de sistemas de CO2 puros).

j) A instalación dun sistema de refrixeración cooling ou fog system con ventiladores recirculadores

k) A instalación dun sistema de calefacción por auga.

l) A instalación dun sistema automatizado de rega por goteo ou de fertirrigación.

m) A instalación de material de cuberta: plástico ríxido (policarbonato) e vidro.

Para os produtores de flor cortada ou planta ornamental:

a) A instalación de mesas.

b) A instalación de máquinas sementadoras, endredoras de testos e mesturadoras de substratos.

2. Adicionalmente, serán investimentos elixibles de tipo non produtivo as relacionadas a continuación, con carácter limitativo:

Para os produtores de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental:

a) Instalación dun sistema de aproveitamento de augas pluviais: canalización e balsa de almacenamento.

b) O acondicionamento da balsa de rega para o fomento da biodiversidade.

c) Creación de refuxios de biodiversidade (sebes perimetrais: 1m de anchura ou equivalente ao 4 % da superficie do invernadoiro).

d) A instalación dunha planta de compostaxe na explotación dos socios ou en terreo da entidade asociativa, de ser o caso.

e) A instalación de sensores de rega.

f) A instalación de sensores de análises de nutrientes.

g) A instalación de sensores de lumínicos.

h) A instalación de sensores de humidade.

i) A instalación de sensores de variables atmosféricas.

j) A instalación de enerxías renovables cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación.

k) Para cultivo en hidroponía: instalación de sistemas de recollida, desinfección, almacenaxe e recirculación da auga de drenaxe

Para os produtores de flor cortada ou planta ornamental:

A instalación de infraestrutura de recollida e reutilización da auga de rega, con sistema de análise do fertilizante en auga.

Investimento mínimo: 160.000 € (actuación 1), 100.000 € (actuación 2)

Porcentaxe máxima de axuda: 40%-65%

Importe máximo de axuda: entre 3.000.000, e 15.000.000 €

Período de execución: 18 meses

Duración mínima dos investimentos: 5 anos

Compatible con outras axudas: si

Minimis: non

Investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables (biogás e biomasa agrícola)

Gastos subvencionables:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

Actuacións subvencionables:

a) Actuación 1-Mellora da eficiencia enerxética en edificios, naves e instalacións auxiliares das explotacións agrícolas e gandeiras. Non se considerarán instalacións auxiliares as relacionada cos equipamentos de bombeo e rega na propia explotación.

Investimentos elixibles no marco da actuación 1 os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Instalación de sistemas de illamento, de recirculación do aire e sistemas de climatización e ventilación.

b) Instalación de sistemas de control e medición para optimizar o uso enerxético.

c) Substitución de caldeiras obsoletas ou alimentadas por combustibles fósiles (gas, gasóleo, fuel óleo) por caldeiras de biomasa. Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil.

d) Substitución de caldeiras obsoletas de biomasa por outras máis modernas e eficientes, tamén de biomasa.

e) Investimentos específicos en eficiencia enerxética de naves gandeiras, entre outros, variadores de velocidade en bombas sen carga de sistemas de muxidura; sistemas de prearrefriamento de leite; sistemas de recuperación de enerxía.

b) Actuación 2-Valorización enerxética de estercos e de biomasa agrícola:

1º Investimentos en plantas de biogás de pequena capacidade.

2º Medidas en materia de xestión de biomasa agrícola con destino final enerxético.

As axudas dirixiranse á adquisición de maquinaria, destinada á provisión e acondicionamento de biomasa agrícola, así como á construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento desta, para o seu uso final en aplicacións de alta eficiencia enerxética, entendendo como tal:

– As que, en xeración de calor, teñan unha eficiencia maior do 80 %.

– As que, en xeración eléctrica, teñan unha eficiencia maior do 55 %.

– As que, en sistemas mixtos como a coxeración, teñan unha eficiencia maior do 80 %.

As características da biomasa obtida deberán adecuarse aos requisitos especificados para os seus usos posteriores. En concreto, cando o seu uso final se realice en instalacións de uso non industrial, deberase cumprir o previsto na disposición adicional primeira do Real decreto 818/2018, do 6 de xullo, sobre medidas para a redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos. As máquinas que se adquiran, deben incorporar tecnoloxías que permitan unhas técnicas agrícolas máis respectuosas co ambiente e garantir a maior seguridade no traballo no campo.

Serán investimentos elixibles no marco da actuación 2 os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Instalación de plantas de biogás de baixa capacidade cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación ou grupo de explotacións.

b) Adquisición de maquinaria para a xestión e provisión de biomasa agrícola con destino enerxético.

c) Adquisición de maquinaria para a redución de tamaño de biomasa agrícola con destino enerxético.

d) Adquisición de maquinaria para a homoxeneización, cribaxe e acondicionamento de produtos triturados procedentes de biomasa agrícola.

e) Construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento de uso colectivo de biomasa agrícola con destino final enerxético.

Investimento mínimo: 10.000 € (actuación 1), 15.000 € (actuación 2)

Porcentaxe máxima de axuda: 30% (Actuación 1) e 45% (Actuación 2)

Período de execución: 18 meses

Duración mínima dos investimentos: 5 anos

Compatible con outras axudas: si

Minimis: non

Agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro

Gastos subvencionables:

a) Os custos da avaliación.

b) A adquisición de licenzas de software, maquinaria e equipamentos agrarios

c) Os gastos de contratación dos servizos de asesoramento especializado no uso da maquinaria e dispositivos para a aplicación

práctica das tecnoloxías obxecto deste programa de apoio, cuxo importe máximo non superará en ningún caso o 10 % da contía correspondente ao proxecto de investimento solicitado.

Investimento mínimo: non se esixe

Porcentaxe máxima de axuda: 40%

Importe máximo de axuda: 300.000 €

Período de execución: 18 meses

Duración mínima dos investimentos: 5 anos

Compatible con outras axudas: si

Minimis: non

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

Herramientas de Accesibilidad