CONVOCATORIA: MR351A – Axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia (Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia).
CONCESIÓN: será por concorrencia competitiva.
OBXECTO:
- Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
- Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
- Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: finalizará o 19 de xullo de 2024.
PRAZO MÁXIMO DE RESOLUCIÓN: dous meses desde o prazo de finalización de presentación de solicitudes.
BENEFICIARIOS:
- As cooperativas agrarias.
- Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
- As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
- As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións agrarias, no últimos cinco anos naturais.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:
- Son as seguintes:
- Maquinaria agrícola.
- Estudos técnico-económicos de viabilidade.
- Non se subvencionarán:
- A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
- O IVE e outros impostos.
- Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
- A maquinaria e os investimentos de carácter forestal.
- Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor a 500 horas anuais.
- A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abanico ou canóns.
IMPORTANTE:
- Maquinaria agrícola: máquinas, motrices ou operadoras, que se utilizan para usos agrícolas. A esta categoría pertencen os tractores, as máquinas automotrices e todos os aparellos que utilizan a enerxía fornecida por un motor para desenvolver traballos agrícolas.
- Entre as máis estendidas cabe citar as destinadas á preparación e traballo do terreo (arados, cultivadoras, compactador, etc.), sementadoras, de fertilización, de aplicación de tratamentos fitosanitarios, de roza e limpeza, de tratamento da forraxe, de transporte, de colleita (segadoras, recolleitadoras, fileiradoras, etc.), de preparación e distribución de alimentos para o gando (carros mesturadores, remolques, etc.), e as dedicadas á hortofruticultura e viñedo.
- Investimentos colectivos: investimento realizado por unha entidade procedente de fusión nos últimos 5 anos naturais.
- Investimentos en proxectos de cooperación: investimentos relacionados cun proxecto financiado pola medida 16 do PDR de Galicia (Grupos Operativos, Proxectos Piloto, etc.).
- Entidades procedentes de fusión: entidades que proceden dunha fusión finalizada nos últimos 5 anos naturais.
ANTICIPO:
- As persoas beneficiarias destas axudas ás que os investimentos lles esixan pagos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 50 % da axuda aprobada sen que se supere a anualidade prevista no exercicio orzamentario.
- O anticipo abonarase a condición de que a persoa beneficiaria constitúa unha garantía por un importe do 100 % das cantidades anticipadas.
INVESTIMENTO. LÍMITES:
- Investimento mínimo de 20.000 € e máxima de 600.000 €.
CONTÍA DA AXUDA:
- Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:
- Partida 1 para subvencionar a maquinaria de distribución de xurros e a maquinaria de tratamentos fitosanitarios que contribúen á mitigación-adaptación ao cambio climático.
- Partida 2 para subvencionar o resto da maquinaria agrícola.
- O importe da axuda será do 35 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
- 5 % en caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
- 10 % en caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión.
- En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1.000 € o custo máximo elixible para os estudos técnico-económicos de viabilidade.