Axudas da PAC

Que é a PAC?

A PAC (Política Agrícola Común) é o principal instrumento da Unión Europea para garantir a rendibilidade das explotacións, a estabilidade das rendas de agricultores e gandeiros, e para asegurar a autonomía alimentaria dos europeos.

Trátase dun conxunto de axudas que se conceden aos países europeos para o desenvolvemento e continuidade da agricultura, co obxecto de compensar aos agricultores por aquelas accións que os prezos dos seus produtos non contemplan.

Requisitos medioambientais e dixitalización

A PAC 2023-2027 céntrase na protección medioambiental, na acción contra o clima, na conservación da paisaxe e a biodiversidade, e na potencialización do relevo xeracional, mediante un conxunto de requisitos medioambientais para os beneficiarios, obrigatorios, como a condicionalidade reforzada, e voluntarios, como os eco-rexímenes e as axudas de desenvolvemento rural.

Tamén hai que cumprir unha serie de requisitos dixitais, como relacionarse coas Administracións exclusivamente por medios electrónicos, e a utilización do caderno dixital, que entrará en vigor, para algunhas explotacións, o 1 de setembro de 2023.

Que axudas me interesan como gandeiro ecolóxico?

Ademais da axuda básica polos dereitos (no caso de contar con eles) e as axudas por animal, a axuda de gandería ecolóxica, dentro das axudas de desenvolvemento rural, cunhas primas de 107-433 €/hectárea (axuda decrecente, en función das hectáreas primables), pola superficie a pastos, pastos arbustivos e arborados, e cultivos forraxeiros, que non sexa de uso en común e situada no concello da explotación ou limítrofe.

  • Manter unha carga gandeira maior ou igual a 0,4 UGM/ha.

Dentro dos eco-rexímenes, os mais interesantes serían o de pastoreo extensivo, o de sega sostible e establecemento de illas de biosiversidade e o de rotacións en terras de cultivo con especies mellorantes.

Que axudas me interesan como agricultor ecolóxico?

Ademais da axuda básica polos dereitos (no caso de contar con eles), a axuda de agricultura ecolóxica, dentro das axudas de desenvolvemento rural, cunhas primas de 224-996 €/(axuda decrecente, en función das hectáreas primables), pola superficie cultivada a hortícolas, herbáceos, froiteiras e viñedo.

Dentro dos eco-rexímenes, os mais interesantes serían o de sementeira directa, espazos de biodiversidade en terras de cultivo e cultivos permanentes, e para cultivos leñosos, cubertas vexetais espontáneas ou sementadas e cubertas vexetais inertes.

Que axuda me interesa como apicultor ecolóxico?

Apicultura ecolóxica, dentro das axudas de desenvolvemento rural, cunha prima de 35-40 €/colmea (axuda decrecente, en función das colmeas primables).

  • Manter un mínimo de 80 colmeas subvencionables, divididas en, polo menos, 2 apiarios, cun mínimo de 20 colmeas por apiario.
  • Os apiarios, para ser subvencionables, terán que ter unha distancia, entre eles, de mais de 1 km.
  • O número máximo de colmeas primables por apiario será de 80.

Que axuda me interesa como apicultor en convencional?

Apicultura para a biodiversidade, dentro das axudas de desenvolvemento rural, cunha prima de 20 €/colmea.

  • Manter un mínimo de 80 colmeas subvencionables, divididas en, polo menos, 2 apiarios, cun mínimo de 20 colmeas por apiario.
  • Os apiarios, para ser subvencionables, terán que estar localizados en municipios de Galicia designados como zonas con limitacións naturais, e a distancia entre os mesmos será de mais de 1 km.
  • O número máximo de colmeas primables por apiario será de 80.

Que requisitos mínimos hai que cumprir?

  • Estar dado de alta no REAGA.
  • Recibir o servizo de aconsellamento dunha entidade recoñecida dende o 01/01/2023.
  • Manter as unidades comprometidas (parcelas ou colmeas) durante un período de 5 anos, sen posibilidade de aumentar as unidades comprometidas, nin diminuír mais do 10%.
  • Presentar anualmente unha solicitude de pago.
  • Non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.
  • Contar cun caderno de explotación e mantelo actualizado.
  • No caso das axudas de ecolóxico, estar inscrito no CRAEGA antes do 1 de xaneiro de 2023 e comercializar parte da produción, como ecolóxica, pasado o período de conversión.
  • No caso das axudas polos dereitos, axudas por animal, eco-rexímenes, e demais axudas directas, cumprir a condición de agricultor activo, entre outras.

Que ofrece Agronovo Ecoloxía?

  • Somos entidade recoñecida pola Xunta de Galicia para ofrecer o servizo de aconsellamento obrigatorio.
  • Contamos con 20 anos de experiencia no sector, destacando no asesoramento en produción ecolóxica.
  • Facemos 4 visitas á explotación, 2 no caso de apicultura e agricultura.
  • Facilitamos información e formación continua aos nosos clientes.
  • No servizo de aconsellamento incluímos diversas xestións co CRAEGA: solicitudes de permisos, ampliacións, contestacións a non conformidades, declaracións de vendas, etc.
  • Contamos cun caderno dixital propio, adaptado á produción ecolóxica e á apicultura, que facilita a correcta cumplimentación do mesmo, mediante avisos e recordatorios.

É un proceso complexo, así que se desexas máis información ao respecto, chámanos e ofrecerémosche a información que precises. Tamén podes solicitala a través do formulario que tes aquí abaixo:

AXUDAS DA PAC - SOLICITAR INFORMACIÓN

Política de privacidade a pé de páxina

Herramientas de Accesibilidad