CURSOS FORMACIÓN CONTINUA 2021

Axencia Galega da Calidade Alimentaria - Consellería do Medio Rural - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

NOVO REGULAMENTO: 2018/848 DA PRODUCIÓN EN ECOLÓXICO

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e  a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL, Consellería do Medio Rural – Xunta de Galicia) organizan unha serie de relatorios sobre o novo regulamento de produción ecolóxica: 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022. Estes serán impartidos por Agronovo durante os meses de setembro e outubro en diferentes concellos, co reparto que se pode observar nesta páxina.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, apícola, ovino-caprino, porcino) e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos.

Este Novo Regulamento simplificará as normas de produción. Ademais, garantirá unha competencia leal para os agricultores e evitará o fraude ós consumidores. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para o correcto desenvolvemento e consolidación do desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.

Durante o ano 2020 certificáronse 15,58 millóns de euros máis ca no ano 2019, supoñendo a produción animal o 58% do volume das vendas totais certificadas do CRAEGA. En canto ó territorio, A Coruña destaca como a provincia con maior crecemento en facturación mais é Lugo a provincia con maior volume de produto certificado.  En canto as vendas de leite e derivados aumentaron un 15,85% do ano 2019 ao ano 2020.

O programa desta xornadas desenvolverase no transcurso dunha xornada única, en diferentes días de  setembro e outubro de 2021 no que se impartirán sete horas, con teoría pola mañá e prácticas pola tarde. 

Cada curso, presencial, conta cun total de 30 prazas máximo.

Queres participar?

Cubre a ficha na táboa de abaixo para o curso do teu interese. Está en formato PDF.

Podes anotarte en máis dun curso.

Envíanos a ficha a  info@agronovo.es

Se tes dúbidas ponte en contacto con nós.

Relación de cursos - códigos

Código Título Concello Data Ficha
FC2021F115059
Vacún de leite ecolóxico
Vimianzo (A Coruña)
14 Set
FC2021F115058
Vacún de leite ecolóxico
Curtis (A Coruña)
16 Set
FC2021F127032
Vacún de leite ecolóxico
Meira (Lugo)
21 Set
FC2021F127031
Vacún de carne ecolóxico
Baralla (Lugo)
23 Set
FC2021F127014
Apicultura ecolóxica
Quiroga (Lugo)
29 Set
FC2021F127020
Avicultura ecolóxica
Friol (Lugo)
30 Set
FC2021F127029
Ovino-Caprino ecolóxico
Guntín (Lugo)
14 Out
FC2021F127030
Avicultura ecolóxica
Vilamarín (Ourense)
28 Out