logo-2011-1-180x54

Xornadas informativas

DEPROECO (Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica de Galicia) e Agronovo Ecoloxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan varias xornadas informativas, dirixidas a produtores, en diferentes concellos da comunidade, sobre “As Axudas da PAC 2023-2027” e “Gandería Ecolóxica”.

Que é a PAC?

A Política Agraria Común é un conxunto de axudas que se conceden aos países europeos para o desenvolvemento e continuidade da agricultura, co obxecto de compensar aos agricultores por aquelas accións que os prezos dos seus produtos non contemplan.

A nova PAC 2023-2027 muda respecto aos obxectivos e condicionantes das axudas, sendo estes cada vez mais ambiciosos nos criterios ambientais e climáticos, co fin de acadar os obxectivos do Pacto Verde Europeo e as estratexias “Da Granxa á Mesa” e “Biodiversidade”. Do mesmo xeito, cobra maior importancia a produción ecolóxica, unha produción da que moitos gandeiros e agricultores están mais próximos do que pensan.

As nosas formacións

Gandería ecolóxica

As axudas da PAC 2023-2027

Gandería ecolóxica

Xornadas dirixidas a gandeiros en convencional que teñan interese en converterse a ecolóxico.

Falaremos da situación actual do mercado, da normativa e condicionantes para obter a certificación, así como do proceso de inscrición no CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e da liña de axudas á produción ecolóxica na PAC.

Cando un gandeiro mostra interese por converterse á produción ecolóxica, son varias as dúbidas que necesitan solventar, como os tratamentos veterinarios admitidos, e o tema dos abonados, para o cal daremos alternativas e explicaremos como funciona o manexo de solos.

As axudas da PAC 2023-2027

Xornadas dirixidas a produtores, tanto en ecolóxico como en convencional.

Falaremos das novidades da PAC 2023-2027 respecto ao anterior período, 2015-2022. Informaremos sobre os condicionantes a cumprir polos beneficiarios, destacando o incremento das esixencias nos requisitos medioambientais.

Veremos temas que lle preocupan aos gandeiros, como a adaptación dos Dereitos de Pago Base ás novas rexións; os Ecorexímenes de aplicación en Galicia; as compatibilidades entre liñas, así como todas as Axudas de Agroambiente e Clima, nas que destacan a liñas de compromisos ecolóxicos, por ter unhas primas moi interesantes, mais elevadas que no período anterior e que o resto das axudas de Agroambiente e Clima.

Calendario de formacións

Gandería ecolóxica

  • A Fonsagrada – 10 de outubro, Salón de actos, Rúa Os Chaos S/N.
  • Abadín – 13 de outubro, Salón de actos do concello. Avda. Galicia, 2.
  • Allariz – 17 de outubro, Sala Centro Promoción económica. Rúa Portelo nº4 2º andar.
  • Becerreá -19 de outubro, Casa da cultura. Rúa Eulogio Rosón.
  • Castro de Rei – 21 de outubro, Salón de actos do mercado gandeiro.
  • Sarria – 25 de outubro, Casa da Cultura Calle Marqués De Ugena.
  • Taboada – 27 de outubro, Casa da Cultura. Avda. de Lugo, 57-59.
  • Outeiro de Rei – 31 de outubro, Viveiro industrial. Parque empresarial. Rúa do Acivro nº2.
  • Castroverde – 3 de novembro, Colexio público de Castroverde.
  • Monforte de Lemos – 7 de novembro, Salón de Actos do Centro Cívico e Social.

As axudas da PAC 2023-2027

  • Palas de Rei – 11 de outubro, Centro comarcal da Ulloa. Avda. de Compostela Nº55.
  • Chantada- 14 de outubro, Telecentro.
  • Meira – 18 de outubro , Aula de cursos na Casa da Cultura.
  • Melide – 20 de outubro, Sala Conferencias. Edificio Multiusos (Praza das Universidades s/n).
  • Baleira – 24 de outubro, Centro Sociocultural de Baleira.
  • Cospeito – 28 de outubro, Casa da Cultura, Avenida Terra Cha, 29.
  • Friol – 2 de novembro, Centro Sociocultural de Friol.
  • Guitiriz – 4 de novembro, aula ceMIT.
  • Lugo – 8 de novembro, Oficinas de Agronovo Ecoloxía, Camiño Real, 72-74, entlo.
logos-agronovo (1)

Herramientas de Accesibilidad