axudas-marketplace-galicia

Subvención para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural

  • Prazo de inscrición: 31/08/2021 a 30/09/2021.
  • A concesión será por orde de entrada de solicitudes (concorrencia non competitiva).
  • Prazo de resolución: 2 meses.
  • Obxecto: A creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural. É dicir, páxinas web con plataforma de venda en liña de produtos, que sirvan de escaparate da produción agroalimentaria das zonas rurais, e axudar a dinamizar a economía local.
  • Beneficiarios:
    • Concellos rurais de Galicia cunha poboación inferior a 10.000 habitantes.
    • Federacións de asociacións de comerciantes, de ámbito superior ao municipal.
    • Grupos de desenvolvemento rural (GDR)
  • Cuantía da axuda (suxeita a réxime de minimis): 80% do investimento, sendo o máximo investimento subvencionable 60.000 € (máximo 48.000 € de axuda).
  • Convoca: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
  • Bases e convocatoria: ORDE do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO