Subvencións á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial (PEL-Emprende Invest-2026)

Prazo de solicitude ata 16/12/2025 (ata as 14 horas)

📌 Organismo convocante

Deputación da Coruña.

📖 Referencia de bases e convocatoria

  • BOP nº 216, 11/11/2025.

⚖️ Réxime de concorrencia

Competitiva.

🎯 Obxecto

Apoiar a persoas autónomas e empresas pequenas e medianas (pemes) da provincia da Coruña (concello con <10.000 hab.) mediante investimento en bens inventariables para consolidar ou fortalecer os seus negocios.

👥 Beneficiarios

  • As pequenas empresas, microempresas ou persoas autónomas con domicilio fiscal e un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes.

💰 Cuantía da subvención

  • Subvención: 70% dos gastos admitidos.
  • Orzamento subvencionable: mínimo 3.500 € e máximo 25.000 € (sen IVE).
  • Subvención mínima: 2.450 €
  • Subvención máxima: 17.500 €

Axuda total acumulable máxima: 8.400 €.

🛠️ Gastos subvencionables

Só bens inventariables, novos e vinculados á actividade. Exclúense alugueiros, mantementos, instalacións, obras, etc. Códigos contables admitidos:

  • 206: Aplicacións informáticas (mín. 2 anos de duración)
  • 213: Maquinaria
  • 216: Mobiliario (restricións se o local é vivenda)
  • 217: Equipos informáticos (máx. por PC: 2.000 €; tablet: 500 €).

📅 Datas clave

  • Período subvencionable: gastos entre o 1/01/2026 e o 31/12/2026
  • Prazo límite de xustificación: 31/01/2027

📊Criterios de valoración (máx. 18 puntos)

  • Poboación do concello.
  • Sector estratéxico segundo RIS3 ou Galicia 2030.
  • Estar en municipio de Transición Xusta.
  • Tipo de entidade (autónomo, cooperativa, etc.).
  • Non ser beneficiario 2025.
  • Non ter sido beneficiario nunca.

🧾 Réxime de minimis

Sí aplica. 

🔗 Compatibilidade con outras axudas

Compatibilidade con outras axudas do PEL: son compatibles entre si.

Compatibilidade con outras axudas da Deputación: incompatible con calquera outra desta Deputación para o mesmo obxecto no mesmo ano.

Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: compatible con outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos.

¿NECESITAS MÁS INFORMACIÓN? RELLENA EL FORMULARIO

Herramientas de Accesibilidad