Prazo de solicitude ata 16/12/2025 (ata as 14 horas)
📌 Organismo convocante
Deputación da Coruña.
📖 Referencia de bases e convocatoria
- BOP nº 216, 11/11/2025.
⚖️ Réxime de concorrencia
Competitiva.
🎯 Obxecto
Financiar parcialmente:
As cotas sociais de persoas autónomas.
O alugueiro de locais (oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo).
👥 Beneficiarios
Persoas autónomas con ánimo de lucro.
Con domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes.
Estar de alta no RETA ou réxime equivalente antes da publicación da convocatoria.
Non ter sido beneficiario/a do PEL-AUTÓNOMOS/AS en 2025.
🔴 EXCLUÍDOS:
Autónomos societarios, mutualistas, colaboradores, TRADES.
Actividades de alugueiro de inmobles sen persoal contratado a xornada completa.
💰 Cuantía da subvención
Cotas sociais:
200 €/mes
Mínimo 6 meses (1.200 €) ata máximo 12 meses (2.400 €)
Alugueiro local afecto á actividade:
Entre 200 € e 500 €/mes, segundo o contrato.
Meses subvencionables: 6 a 12
Máximo total: 6.000 €
Axuda total acumulable máxima: 8.400 €.
📅 Datas clave
Gastos subvencionables: 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2026.
Prazo de xustificación: ata o 31 de marzo de 2027.
🧾 Gastos subvencionables
Aceptados:
Cotas sociais completas (mín. 200 €/mes, sen bonificacións).
Alugueiro mensual de local afecto á actividade (non vivenda).
Non subvencionables:
Alugueiros <200 €/mes.
Alugueiro de vivendas, garaxes, almacéns, coworkings.
Pagos en efectivo, gastos correntes (auga, luz, internet, etc.)
Bonificacións, reducións ou tarifas planas na cotización.
📊Criterios de valoración (máx. 18 puntos)
Poboación do concello (≤ 2.000 hab.): 3 ptos
Actividade estratéxica (RIS3/Galicia 2030): ata 3 ptos
Municipio de Transición Xusta: 2 ptos
Non ter recibido axuda PEL Autónomos/as nunca: 10 ptos.
📌 Requisitos obrigatorios
Mantemento da actividade ata o 31/12/2026.
Publicidade da axuda con cartel visíbel e logos.
Conta bancaria a nome do beneficiario para os pagos.
Declaración de axudas de minimis anteriores.
🧾 Réxime de minimis
Sí aplica.
🔗 Compatibilidade con outras axudas
Compatibilidade con outras axudas do PEL: son compatibles entre si.
Compatibilidade con outras axudas da Deputación: incompatible con calquera outra desta Deputación para financiar os mesmos conceptos subvencionados.
Compatibilidade con outras axudas públicas ou privadas: incompatible con outra axuda pública ou privada para financiar os mesmos conceptos subvencionados.
