Xornadas informativas
DEPROECO (Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica de Galicia) e Agronovo Ecoloxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan varias xornadas informativas, dirixidas a produtores, en diferentes concellos da comunidade, sobre “As Axudas da PAC 2023-2027” e “Gandería Ecolóxica”.
Que é a PAC?
A Política Agraria Común é un conxunto de axudas que se conceden aos países europeos para o desenvolvemento e continuidade da agricultura, co obxecto de compensar aos agricultores por aquelas accións que os prezos dos seus produtos non contemplan.
A nova PAC 2023-2027 muda respecto aos obxectivos e condicionantes das axudas, sendo estes cada vez mais ambiciosos nos criterios ambientais e climáticos, co fin de acadar os obxectivos do Pacto Verde Europeo e as estratexias “Da Granxa á Mesa” e “Biodiversidade”. Do mesmo xeito, cobra maior importancia a produción ecolóxica, unha produción da que moitos gandeiros e agricultores están mais próximos do que pensan.
As nosas formacións
Gandería ecolóxica
Xornadas dirixidas a gandeiros en convencional que teñan interese en converterse a ecolóxico.
Falaremos da situación actual do mercado, da normativa e condicionantes para obter a certificación, así como do proceso de inscrición no CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e da liña de axudas á produción ecolóxica na PAC.
Cando un gandeiro mostra interese por converterse á produción ecolóxica, son varias as dúbidas que necesitan solventar, como os tratamentos veterinarios admitidos, e o tema dos abonados, para o cal daremos alternativas e explicaremos como funciona o manexo de solos.
As axudas da PAC 2023-2027
Xornadas dirixidas a produtores, tanto en ecolóxico como en convencional.
Falaremos das novidades da PAC 2023-2027 respecto ao anterior período, 2015-2022. Informaremos sobre os condicionantes a cumprir polos beneficiarios, destacando o incremento das esixencias nos requisitos medioambientais.
Veremos temas que lle preocupan aos gandeiros, como a adaptación dos Dereitos de Pago Base ás novas rexións; os Ecorexímenes de aplicación en Galicia; as compatibilidades entre liñas, así como todas as Axudas de Agroambiente e Clima, nas que destacan a liñas de compromisos ecolóxicos, por ter unhas primas moi interesantes, mais elevadas que no período anterior e que o resto das axudas de Agroambiente e Clima.
Calendario de formacións
Gandería ecolóxica
As axudas da PAC 2023-2027